9º TRAIL DAS BESTAS - MURAS
08 noviembre, 2026 en Área Recreativa da Veiga, Muras, Terra Chá, Lugo, Galicia, España
- Fecha de inicio: 08 noviembre, 2026 - 08:30
- Precio: 26.00€
- Longitud: 43000 metros
- Inscritos: 0 de 75
-
Cierre de inscripciones: En 37 días (04 noviembre, 2026 - 23:59, o hasta agotar plazas)
Inscríbete ya, ¡plazas limitadas!
- Fecha de inicio: 08 noviembre, 2026 - 10:00
- Precio: 22.00€
- Longitud: 27000 metros
- Inscritos: 0 de 150
-
Cierre de inscripciones: En 37 días (04 noviembre, 2026 - 23:59, o hasta agotar plazas)
Inscríbete ya, ¡plazas limitadas!
- Fecha de inicio: 08 noviembre, 2026 - 10:30
- Precio: 20.00€
- Longitud: 14000 metros
- Inscritos: 1 de 150
-
Cierre de inscripciones: En 37 días (04 noviembre, 2026 - 23:59, o hasta agotar plazas)
Inscríbete ya, ¡plazas limitadas!
- Fecha de inicio: 08 noviembre, 2026 - 11:00
- Precio: 13.00€
- Longitud: 8000 metros
- Inscritos: 0 de 150
-
Cierre de inscripciones: En 37 días (04 noviembre, 2026 - 23:59, o hasta agotar plazas)
Inscríbete ya, ¡plazas limitadas!
- Fecha de inicio: 08 noviembre, 2026 - 11:10
- Precio: 13.00€
- Longitud: 8000 metros
- Inscritos: 0 de 75
-
Cierre de inscripciones: En 37 días (04 noviembre, 2026 - 23:59, o hasta agotar plazas)
Inscríbete ya, ¡plazas limitadas!
Resultado: Introduzca un DNI/NIF válido y pulse el botón de buscar.
Resultado: Correcto. El DNI/NIF está asociado a una inscripción correcta en el evento.
Resultado: Error. El DNI/NIF no está asociado a ninguna inscripción correcta en el evento.
Descripción
O próximo día 8 de novembro terá lugar en Muras unha nova edición do Trail das Bestas, que un ano máis levará as persoas incritas a percorrer a beleza da serra do Xistral. Un entorno único localizado ao norte da Terra Chá, na provincia de Lugo.
Modalidades
- Maratón: 43k, +2100 m D+
- Trail classic: 27k, +1400 m D+
- Trail curto: 14k, +700 m D+
- Mini trail: 8k, +350 m D+
- Andaina: 8k, +350 m D+
Inscripcións
O número de prazas máximo é de 600 persoas sendo un máximo de 75 para as probas de maratón e andaina e un máximo de 150 inscritas para o resto das modalidades. A organización gárdase o dereito a redistribuir o límite de prazas de cada proba, nunca superando o máximo de prazas previstas.
Peche de inscripcións 4 de novembro as 23h59.
Cesión/cambios ata o 28 de outubro as 23h59. No cambio de modalidade, o importe final deberá coincidir co prezo oficial da nova modalidade.
A baixa voluntaria, non presentación ou imposibilidade persoal non dá dereito á devolución.
As inscricións inclúen:
- Dorsal e cronometraxe
- Seguro
- Asistencia sanitaria
- Abastecementos
- Bolsa do corredor
- Seguimento xps para as probas trail classic e maratón
- Fotografías
Idade mínima
- Andaina: Poden participar menores acompañados de unha persoa adulta responsable.
- Mini trail: Idade mínima de 14 anos.
- Trail curto: Idade mínima de 16 anos (pendente de validación definitiva da Federación Galega de Atletismo).
- Trail classic e maratón: Idade mínima de 18 anos.
Prezos
- Maratón: 26€
- Trail classic: 22€
- Trail curto: 20€
- Mini trail: 13€
- Andaina: 13€
Recollida de dorsais
A recollida de dorsais será o propio día da proba con apertura da secretaría as 7h30. O peche de secretaría será por tramos podendo recoller o teu dorsal ata 15 minutos antes da túa saída.
Haberá que pasar por cámara de chamadas. Peche da cámara de chamadas 5 minutos antes da saída de cada proba.
Saídas
- Maratón: 8h30
- Trail Classic: 10h00
- Trail Curto: 10h30
- Mini Trail: 11h00
- Andaina: 11h10
Material obrigatorio
- Maratón: 1l de auga, manta térmica, teléfono móbil e xps da organización.
- Trail Classic: 1l de auga, manta térmica, teléfono móbil e xps da organización.
- Trail Curto: 0,5l de auga, manta térmica e teléfono móbil.
- Mini Trail: Recoméndase levar auga e teléfono móbil.
- Andaina: Recoméndase levar auga, teléfono móbil e roupa axeitada.
Non levar enriba algún do material obrigatorio supondrá a descalificación automática da proba.
Seguridade
- A organización disporá dun dispositivo de seguridade, comunicación e asistencia sanitaria adaptado ás características da proba.
- As persoas participantes deberán cumprir en todo momento as indicacións da organización, dirección de carreira e persoal sanitario.
- A seguridade das persoas participantes prevalece sobre o resultado deportivo.
Categorías e trofeos
- Senior: Idade mínima ate 34 anos.
- Máster 1: De 35 a 49 anos.
- Máster 2: 50 anos ou máis.
Haberá trofeo xeral para as 3 primeiras persoas clasificadas de xénero masculino e xénero feminino de cada distancia. Logo haberá premios para as 3 primeiras persoas de xénero masculino e xénero feminino de cada categoría en cada unha das probas.
Os premios non son acumulativos.
A andaina ao ter carácter non competitivo non terá premios.
Medio natural
O Trail das Bestas celébrase nun contorno natural de especial valor. As persoas participantes deberán respectar o medio, a fauna, o gando, a vexetación, as propiedades e os elementos existentes ao longo do percorrido.
Normas da carreira
- Seguir o itinerario oficial · Prohibido recortar ou utilizar atallos.
- Dorsal sempre visible · Respectar controis e tempos de corte.
- Portar o dispositivo GPS da organización cando corresponda (43K e 27K).
- Atender en todo momento as indicacións da organización.
- As infraccións, penalizacións, descualificacións e reclamacións rexeranse pola normativa federativa aplicable, sen prexuízo das condicións particulares deste regulamento.
Meteoroloxía e seguridade
As condicións meteorolóxicas na Serra do Xistral poden variar rapidamente. Por razóns de seguridade, a organización poderá modificar o material obrigatorio, horarios, percorridos ou adoptar as medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas participantes. Estas medidas poderán incluír a modificación, neutralización, redución, interrupción ou suspensión total ou parcial da proba.
Abandono e evacuación
- Toda persoa que abandone deberá comunicalo á organización, preferentemente nun punto de control, avituallamento ou mediante o procedemento indicado pola dirección de carreira.
- A evacuación dunha persoa retirada non implica necesariamente o seu traslado inmediato á meta. Os tempos dependerán da súa localización, accesibilidade e das prioridades do dispositivo de seguridade.
- A organización poderá retirar a unha persoa por estado físico, tempos de corte, meteoroloxía ou risco.
Protección de datos e imaxe
- Os datos persoais facilitados durante a inscrición serán tratados para a xestión da participación, seguros, cronometraxe, resultados e comunicacións relacionadas coa proba, conforme á normativa aplicable.
- Durante o evento poderán realizarse fotografías e gravacións audiovisuais con fins informativos, deportivos e promocionais relacionados coa proba, conforme á normativa aplicable.
- A formalización da inscrición implica a aceptación do presente regulamento e da normativa aplicable, así como a declaración da persoa participante de atoparse nas condicións físicas e técnicas adecuadas para afrontar a modalidade elixida.
Resultados
As clasificacións elaboraranse mediante o sistema de cronometraxe e os puntos de control establecidos pola organización, podendo utilizarse tamén a información dos dispositivos GPS de seguimento.
As penalizacións, descalificacións e reclamacións rexeranse pola normativa federativa aplicable.
Información adicional
El organizador no ha proporcionado ninguna información adicional para el evento.