9º TRAIL DAS BESTAS - MURAS

08 novembre, 2026 à Área Recreativa da Veiga, Muras, Terra Chá, Lugo, Galicia, España

Athlétisme MARATON 43K
  • Date de début: 08 novembre, 2026 - 08:30
  • Prix: 26.00€
  • Distance: 43000 mètres
  • Inscrits: 0 sur 75
  • Fermeture des inscriptions: Dans 37 jours (04 novembre, 2026 - 23:59, ou jusqu’à épuisement des places)

Réservez vite, places limitées!
0% inscrits
Trail TRAIL CLASSIC 27K
  • Date de début: 08 novembre, 2026 - 10:00
  • Prix: 22.00€
  • Distance: 27000 mètres
  • Inscrits: 0 sur 150
  • Fermeture des inscriptions: Dans 37 jours (04 novembre, 2026 - 23:59, ou jusqu’à épuisement des places)

Réservez vite, places limitées!
0% inscrits
Trail TRAIL CURTO 14K
  • Date de début: 08 novembre, 2026 - 10:30
  • Prix: 20.00€
  • Distance: 14000 mètres
  • Inscrits: 1 sur 150
  • Fermeture des inscriptions: Dans 37 jours (04 novembre, 2026 - 23:59, ou jusqu’à épuisement des places)

Réservez vite, places limitées!
1% inscrits
Trail MINI TRAIL 8K
  • Date de début: 08 novembre, 2026 - 11:00
  • Prix: 13.00€
  • Distance: 8000 mètres
  • Inscrits: 0 sur 150
  • Fermeture des inscriptions: Dans 37 jours (04 novembre, 2026 - 23:59, ou jusqu’à épuisement des places)

Réservez vite, places limitées!
0% inscrits
Randonnée Andaina
  • Date de début: 08 novembre, 2026 - 11:10
  • Prix: 13.00€
  • Distance: 8000 mètres
  • Inscrits: 0 sur 75
  • Fermeture des inscriptions: Dans 37 jours (04 novembre, 2026 - 23:59, ou jusqu’à épuisement des places)

Réservez vite, places limitées!
0% inscrits
Aide aux participants

Description

O próximo día 8 de novembro terá lugar en Muras unha nova edición do Trail das Bestas, que un ano máis levará as persoas incritas a percorrer a beleza da serra do Xistral. Un entorno único localizado ao norte da Terra Chá, na provincia de Lugo.

Modalidades

  • Maratón: 43k, +2100 m D+
  • Trail classic: 27k, +1400 m D+
  • Trail curto: 14k, +700 m D+
  • Mini trail: 8k, +350 m D+
  • Andaina: 8k, +350 m D+

Inscripcións

O número de prazas máximo é de 600 persoas sendo un máximo de 75 para as probas de maratón e andaina e un máximo de 150 inscritas para o resto das modalidades. A organización gárdase o dereito a redistribuir o límite de prazas de cada proba, nunca superando o máximo de prazas previstas.

Peche de inscripcións 4 de novembro as 23h59.

Cesión/cambios ata o 28 de outubro as 23h59. No cambio de modalidade, o importe final deberá coincidir co prezo oficial da nova modalidade.

A baixa voluntaria, non presentación ou imposibilidade persoal non dá dereito á devolución.

As inscricións inclúen:

  • Dorsal e cronometraxe
  • Seguro
  • Asistencia sanitaria
  • Abastecementos
  • Bolsa do corredor
  • Seguimento xps para as probas trail classic e maratón
  • Fotografías

Idade mínima

  • Andaina: Poden participar menores acompañados de unha persoa adulta responsable.
  • Mini trail: Idade mínima de 14 anos.
  • Trail curto: Idade mínima de 16 anos (pendente de validación definitiva da Federación Galega de Atletismo).
  • Trail classic e maratón: Idade mínima de 18 anos.

Prezos

  • Maratón: 26€
  • Trail classic: 22€
  • Trail curto: 20€
  • Mini trail: 13€
  • Andaina: 13€

Recollida de dorsais

A recollida de dorsais será o propio día da proba con apertura da secretaría as 7h30. O peche de secretaría será por tramos podendo recoller o teu dorsal ata 15 minutos antes da túa saída. 

Haberá que pasar por cámara de chamadas. Peche da cámara de chamadas 5 minutos antes da saída de cada proba.

Saídas

  • Maratón: 8h30
  • Trail Classic: 10h00
  • Trail Curto: 10h30
  • Mini Trail: 11h00
  • Andaina: 11h10

Material obrigatorio

  • Maratón: 1l de auga, manta térmica, teléfono móbil e xps da organización.
  • Trail Classic: 1l de auga, manta térmica, teléfono móbil e xps da organización.
  • Trail Curto: 0,5l de auga, manta térmica e teléfono móbil.
  • Mini Trail: Recoméndase levar auga e teléfono móbil.
  • Andaina: Recoméndase levar auga, teléfono móbil e roupa axeitada.

Non levar enriba algún do material obrigatorio supondrá a descalificación automática da proba.

Seguridade

  • A organización disporá dun dispositivo de seguridade, comunicación e asistencia sanitaria adaptado ás características da proba.
  • As persoas participantes deberán cumprir en todo momento as indicacións da organización, dirección de carreira e persoal sanitario.
  • A seguridade das persoas participantes prevalece sobre o resultado deportivo.

Categorías e trofeos

  • Senior: Idade mínima ate 34 anos.
  • Máster 1: De 35 a 49 anos.
  • Máster 2: 50 anos ou máis.

Haberá trofeo xeral para as 3 primeiras persoas clasificadas de xénero masculino e xénero feminino de cada distancia. Logo haberá premios para as 3 primeiras persoas de xénero masculino e xénero feminino de cada categoría en cada unha das probas.

Os premios non son acumulativos.

A andaina ao ter carácter non competitivo non terá premios.

Medio natural

O Trail das Bestas celébrase nun contorno natural de especial valor. As persoas participantes deberán respectar o medio, a fauna, o gando, a vexetación, as propiedades e os elementos existentes ao longo do percorrido.

Normas da carreira

  • Seguir o itinerario oficial · Prohibido recortar ou utilizar atallos.
  • Dorsal sempre visible · Respectar controis e tempos de corte.
  • Portar o dispositivo GPS da organización cando corresponda (43K e 27K).
  • Atender en todo momento as indicacións da organización.
  • As infraccións, penalizacións, descualificacións e reclamacións rexeranse pola normativa federativa aplicable, sen prexuízo das condicións particulares deste regulamento.

Meteoroloxía e seguridade

As condicións meteorolóxicas na Serra do Xistral poden variar rapidamente. Por razóns de seguridade, a organización poderá modificar o material obrigatorio, horarios, percorridos ou adoptar as medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas participantes. Estas medidas poderán incluír a modificación, neutralización, redución, interrupción ou suspensión total ou parcial da proba.

Abandono e evacuación

  • Toda persoa que abandone deberá comunicalo á organización, preferentemente nun punto de control, avituallamento ou mediante o procedemento indicado pola dirección de carreira.
  • A evacuación dunha persoa retirada non implica necesariamente o seu traslado inmediato á meta. Os tempos dependerán da súa localización, accesibilidade e das prioridades do dispositivo de seguridade.
  • A organización poderá retirar a unha persoa por estado físico, tempos de corte, meteoroloxía ou risco.

Protección de datos e imaxe

  • Os datos persoais facilitados durante a inscrición serán tratados para a xestión da participación, seguros, cronometraxe, resultados e comunicacións relacionadas coa proba, conforme á normativa aplicable.
  • Durante o evento poderán realizarse fotografías e gravacións audiovisuais con fins informativos, deportivos e promocionais relacionados coa proba, conforme á normativa aplicable.
  • A formalización da inscrición implica a aceptación do presente regulamento e da normativa aplicable, así como a declaración da persoa participante de atoparse nas condicións físicas e técnicas adecuadas para afrontar a modalidade elixida.

Resultados

As clasificacións elaboraranse mediante o sistema de cronometraxe e os puntos de control establecidos pola organización, podendo utilizarse tamén a información dos dispositivos GPS de seguimento.

As penalizacións, descalificacións e reclamacións rexeranse pola normativa federativa aplicable.


Informations supplémentaires

L’organisateur n’a fourni aucune information supplémentaire pour cet événement.


Fichiers joints

Télécharger le règlement
Comment se rendre à l’événement ?